|
| CÓMO CHEGARA principal vía de comunicación do Concello de Baralla é a autovía A6 que o percorre de leste a oeste. Dita vía ten dentro do concello dous enlaces e outro máis que aínda que está no Concello de Becerreá permite o acceso ao noso concello. Os enlaces coa AUTOVÍA A 6 están situados en: VILARTELIN, (indicado no mapa con número 1): punto kilométrico 469, distancia á capitalidade municipal de 3,5 km, enlaza co trazado da N VI; é o acceso máis cómodo si vimos desde Lugo e tamén si queremos acceder aos pobos das parroquias de Sobrado do Picato, Recesende, Pacios, Vilartelin, Ferreiros. NEIRA DE REI, (indicado no mapa con número 2): punto kilométrico 461, distancia á capitalidade municipal 5 km. Este acceso da autovía enlaza coa estrada 710 que desde aquí á vila de Baralla discorre paralela ao Río Neira. Acceso para os pobos das parroquias de San Miguel de Neira de Rei, San Martin, Penarrubia, Pedrafita de Camporredondo e para dirixirnos á Baleira, Meira, Fonsagrada... CEREIXAL, (indicado no mapa con número 3): punto kilométrico 451, distancia á capital do Concello 7,5 km, é o primeiro acceso que atopamos si traemos dirección á Coruña, accedemos á estrada N VI e polo porto de Campo de Arbol chegamos á vila de Baralla. O Feito de que a Autovia A6 atravese o noso Concello permite unhas rápidas e fáciles comunicacións por estrada, reducindo os tempos de chegada, así estamos a 1 hora de A Coruña, 45 minutos de Ponferrada, 1 hora 45 minutos de Santiago de Compostela, 20 minutos de Lugo, 40 minutos de Os Ancares, 1 hora das praias de Miño e Puentedeume e pouco máis das praias da Costa da Provincia de Lugo; sendo polo tanto este un bo punto de partida para coñecer o resto da Provincia estando nun entorno tranquilo cunha paisaxe privilexiada. Antes da posta en funcionamento da autovía A6 (autovía do noroeste), a principal vía de comunicación era a estrada nacional sexta (N VI) que coa mesma orientación que a autovía pasa pola capitalidade do concello e polos pobos de Constantin, Ferreiros, A Mocha, A Valiña e Sobrado do Picato. Esta rede viaria completase con estradas locais: a estrada 710 que vai de Baralla a Baleira, Fonsagrada, Meira, pasando polo Val de Neira de Rei; a estrada 621 que comunica Baralla con Láncara, Poboa de San Xiao e a estrada CP-05-2 que enlaza Baralla co Páramo.
Algúns enlaces que che serán de utilidade: Dirección Xeral de Trafico: http://www.dgt.es/indices/dgtHtm_Portada_es.html Guia Campsa (planificador de rutas): http://www.guiacampsa.com/bienvenidoalinfinito/gcampsa/Ruta/ Via Michelin (planificador de rutas): http://www.viamichelin.es/viamichelin/esp/dyn/controller/Itinerarios# Situación | Como chegar | Información xeográfica
|
|