TRADICIÓNS
· CANTIGAS
Algunhas das cantigas, que tendo a Baralla como protagonista, cantanse na nosa terra:
.- BARALLA DOS MEUS AMORES 
Baralla dos meus amores
aldea incomparable
anque me digas que non
queroche máis que a mi madre
e de rodillas che xuro
que si tivera diñeiro
no alto de Campo de Arbol
con letras de ouro
poñería un letreiro
dicindo:
Viva Baralla,
o máis bonito do mundo enteiro.

.- O RELOXIÑO DE ARROXO
Quero vivir en Baralla
porque me gusta oire
o reloxiño de Arroxo
cando me vou a dormire.
.- DICEN QUE BARALLA ES FEO
Dicen que Baralla es feo
porque no tiene balcones
pero tiene chicas guapas que roban los corazones.
LENDAS
Lendas recollidas da revista Folerpas editada polo Colexio Público Integrado "Luis Díaz Moreno" de Baralla.
O estraño no pozo.
Dise que na aldea de Teixeira do Concello de Baralla existe un estraño pozo nas beiras do cal unha muller desapareceu cando estaba a cortar un perexil que había arredor Ninguén soubo que fora da muller, pero máis tarde un boi, que estaba a pacer polas súas beiras, foi tragado polo misterioso pozo.
O pozo aínda existe hoxe, é un pozo moi profundo no cal, ó tirar unha pedra no seu interior, desaparece estrañamente. Está recuberto de matogueiras, toxos e outros arbustos.
A Cova do Ladrón.
En Matela hai unha pena coñecida co nome da "Cueva do ladrón". A lenda fala dos mouros que fai moitísimos anos os mouros chegaron a Matela. Como aquel día empezou a chover, ó ver aquela cova decidiron adaptala como vivenda.
En Matela os mouros fixéronse moi ricos, tamén soterraron algunhas moedas nun pelexo de touro.
Estiveron moito tempo, pero un día a mala sorte visitounos e tivéronse que ver obrigados a marchar de alí.
Tempos despois as persoas de Matela foron ver se encontraban algunha moeda, pero so atoparon algunha que outra de ouro e prata . Visto isto moitos “ladróns” intentaron facerese co tesouro, pero nunca se encontrou ningunha máis e de aí lle quedou o nome a cova.

O Pozo Negro.
No ano corenta e dous o goberno requisaba as colleitas ós labregos debido a que estaban vivindo a posguerra e había moita fame no país. Os gobernantes multaban, pegaban e castigaban os labregos que vendían os seus froitos.
O meu avó naquela época tiña dezaseis anos e como eran moitos irmáns tiñan que traballar para mudar os seus pais. Entre os traballos que facía había un que era ilegal, e á conta dese traballo, descubriu parte desta lenda.
Por aquel entón a xente tiña medo a andar de noite. O meu avó tiña un cabalo no que carretaba o trigo, pan, leite, etc. De noite para poder vendelo, tiña que c mo río Neira por un lugar no que un día unha moza do lugar se fora bañar "O pozo negro" e tivo a mala sorte de que afogou e con ela ía unha cadela que tiña. A cadela, segundo contaban as xentes do lugar, ía tódalas noites ó Pozo e durmía, ladraba e estaba alí.
A familia da moza puxo unha cruz no lugar cuns cravos prateados. Pero, segundo contan, eso só o sabía a familia da rapaza.
Meu avó tiña que pasar polo lugar cada vez que ía buscar unha carretada e dicíase que se sentía ladrar e moitas veces que se vía que algo brillaba no río. A xente dicía que era o espírito do rapaza. Meu avó un día colleu moito medo e tiña medo a pasar polo sitio. Un día dixo que tiña que saber que pasaba no río e de día foi alí e o que viu foi unha cruz de madeira toda cuberta de cravos prateados e no chan un sinal de que alí durmía un animal que ben podía ser a cadela da rapaza ou outro animal.
Pola noite colleu o cabalo e fixo o recorrido que facía as noites que ía pola carrecha e deuse conta de que o brillo que se vía eran os cravos que refrexaban coa luz da lúa e que o can ladraba porque naquela época andaba moita xente escondida polos montes a causa da Guerra, segundo din, por eso lle puxeron o "Pozo Negro" a aquela parte do río que aínda hoxe conserva ese nome.
A Cova de Ferreiros.
Hai moitos anos e aínda na actualidade existe unha cova en Ferreiros que recibe o
nome da "Cova do castro de Ferreiros". Os nosos devanceiros din que alí caeu un can vivo ou mellor dito tirárono para saber a profundidade que ten. E dende ese día á mesma hora o mesmo día e tódolos anos ese can sae fóra e ponse a ouvear.
Tamén din que a cova atravesa todo Ferreiros, a estrada xeral, Santo Estevo e chega á serra de Pousada.
O Milagre dun Santo.
Contáronlle a miña nai as persoas maiores de Vilares que antes lle tiñan moita confianza aopatrón desta aldea que é san Lourenzo, porque segundo dicían cada vez que tronaba os veciños deixaban os traballos que estaban facendo e ían á capela polo santo, levábano a un monte que está arredor que se chama "O Teso da Capilla". Logo de estar alí un pouco co santo o trono desfacíase e volvían levar o santo ó lugar.
Un día cando estaban no traballo empezou a poñerse o ceo con algunhas nubes negras.
Cada vez aumentaban máis ata que se quedou completamente negro. Parecía que era de noite pois case non se vía nada.
Os veciños correron a busca-lo santo e levárono aoTeso da Capilla. Entón San Lourenzo fixo un milagre moi grande, empezou a partirse a nube en dúas metades ata que desapareceron de todo e así salvou a Vilares dunha terrible catástrofe se se chega a producir a tormenta.
O Tesouro.
Dise que na serra de Constantín (Baralla) había un tesouro.
Un criado dunha casa viu as cabo pedras que formaban o cadrado onde había o tesouro.
As catro pedras tiñan por enriba unha lousa para que non se viran. O criado escavou e escavou ata que o encontrou.
Desde que se viu que non había o tesouro encontráronse as catro pedras sen a lousa que desde arriba as cubría.
Despois de que se sabía que non había tesouro apareceron armas de guerra. Agora aínda se poden ver as catro pedras onde había o tesouro enterrado.
Dende aquela o criado pasou a tomar o mando da casa e agora é a máis rica da aldea.
A Cova
Dise que hai unha cova en San Martiño feita polos mouros antigamente e non se sabe o que hai dentro. É moi longa e ninguén deu chegado ao cabo. Cada pouco térreno hai un círculo como o que facían os romanos. E din que eran garitas para facer gardas.
¡Son tan grandes que entras por un lado e saes por outro. ¡Pero ninguén o conseguiu!.
A Fonte do Bispo.
Contase que fai moito tempo, un día dos máis calorosos do verán, pasou por Arroxo unha comitiva composta por un bispo cego que ía montado nunha burra e os seus criados. Deulle a sede e xusto nese instante pasaban por diante dunha fonte pola que corría a auga. Pararon para coller auga e darlla ao bispo. Desde que o bispo bebeu unha pouca , deuse conta de que estaba recuperando a vista. Desde ese día a fonte chamase “Fonte do Bispo”.
O Santo Cristo.
Hai uns douscentos anos, polas terras do noso concello, había algúns ladróns que entre outras cousas dedicábanse a roubar nas igrexas. Un día, en Arroxo, ademais de roubar diñeiro e outras cousas de valor, tamén roubaron un santo, chamado o Santo Cristo. Cando fuxiron, os ladróns déronse conta de que os seguían as xentes do pobo, e coas presas caeulles o Santo. Cando a xente recolleu ao Santo que estaba ao lado dun muíño, o cura pensou en facerlle unha capela ao Santo naquel sitio. Hoxe hai unha pequeniña capela feita polos veciños.
O pasadizo de San Miguel.
Dise que da sancristía da Igrexa de San Miguel da Ponte de Neira hai un pasadizo que vai dar ao río Neira,cerca da ponte de Carracedo.
Cantigas | Lendas
ise que da sancristía da Igrexa de San Miguel da Ponte de Neira hai un pasadizo que vai dar ao río Neira, cerca da ponte de Carracedo. |